Ferido un home tras caer dunha estada en Portas
Por Oskar Viéitez
Un home resultou ferido grave tras caerse desde o alto dunha estada.
Segundo informaron fontes da Garda Civil o accidente laboral tivo lugar este sábado sobre as 15.40 horas, no lugar de Xagove na parroquia de Romai, municipio de Portas.
O ferido atopábase realizando labores de reforma nese domicilio.
A vítima responde as iniciais M.T.F. e ten 29 anos de idade.
Estas mesmas fontes indicaron que o home foi evacuado ao Hospital Montecelo pero o médico recomendou o seu inmediato traslado ao Álvaro Cunqueiro de Vigo ante as graves lesións que presentaba na cabeza e as costas.