O PP asegura que clubs deportivos de Pontevedra continúan sen recibir as axudas municipais correspondentes ao 2015
Por Redacción
O grupo municipal do Partido Popular denunciou este sábado que varios clubs deportivos de Pontevedra continúan sen recibir as axudas municipais correspondentes ao ano 2015.
"Esta demora está a provocar un auténtico caos financeiro nestas entidades deportivas", destacou o concelleiro popular, Tomás Abeigón. "Moitos clubs deportivos víronse obrigados a solicitar préstamos para poder manter a súa actividade e facer fronte aos salarios do seu persoal", engadiu.
Os populares consideran que "os nosos clubs deportivos non merecen este trato por parte do BNG de Lores pois están a desempeñar unha labor moi importante na nosa cidade".
"Este atraso insólito e inexplicable está a provocar importantes problemas nas entidades deportivas de Pontevedra", sinalou o edil popular. "Están vivindo unha situación especialmente delicada, tal e como nos están a transmitir nas distintas reunións que estamos a manter con representantes dos clubs deportivos pontevedreses".
Ademais, dende as filas populares lembran que "aínda non se convocaron as subvencións municipais para esta tempada 2017 – 2018" e avanzan que "previsiblemente" o goberno do BNG terá que solicitar unha modificación de crédito para poder facer fronte ao seu pago.
Relacionadas:
-
O PP quere regular o uso das instalacións deportivas municipais
Por Oskar Viéitez |
-
O PP preguntará no pleno polas subvencións aos clubs deportivos
Por Redacción |
-
O pagamento das subvencións aos clubs deportivos, a finais de xuño
Por Redacción |
-
O Concello convoca a comisión que resolverá as subvencións a clubs deportivos
Por Redacción |