O 12 de outubro marca un récord histórico na Festa do Marisco
Por Redacción
Os bos da datos da Festa do Marisco 2017 continúan confirmándose. Este xoves 12 de outubro, festividade nacional, as cifras de vendas dos postos da festa supuxeron o mellor dato diario dos últimos sete anos, concretamente dende que se conta con rexistros estatísticos con 17.473 racións vendidas.
O arroz de mariscos, as navallas á plancha e as zamburiñas á plancha son os produtos estrela.
Dende o goberno local salientan que se ten conseguido facer fronte a esta elevada demanda con produtos galegos cen por cen.
Debe subliñarse ademais o alto nivel de satisfacción dos visitantes que valoran moi positivamente a calidade do produto, a limpeza do recinto e o bo ambiente xerado en torno á Praza do Corgo.
A bo ritmo van tamén os restaurantes que estes días dan a coñecer as súas propostas na zona gastronómica da carpa institucional. Se trata de pinchos a tres euros que poden acompañarse dunha carta de bebidas máis ampla e que poden ser degustados nunha zona tranquila do recinto.
Relacionadas:
-
A Festa do Marisco pecha cos mellores datos do últimos dez anos
Por Redacción |
-
A Festa do Marisco do Grove xa ten cartel para a edición de 2018
Por Redacción |
-
O Restaurante Atrio gaña o premio nacional de gastronomía tradicional "Lola Torres"
Por Oskar Viéitez |
-
O Grove, protagonista dunha nova postal de Correos
Por Redacción |