Parada recupera a procesión da Virxe do Pilar
Por Oskar Viéitez
Os alcaldes de Ponte Caldelas e A Lama, Andrés Díaz e Jorge Canda, asistiron aos actos de celebración do Día do Pilar na igrexa do Sagrado Corazón de Ponte Caldelas convidados polo comandante en xefe do posto da Benemérita para ambos os concellos, Francisco Javier Márquez.
O acto principal deste ano viuse reducido á misa oficiada polo cura párroco Benito Vázquez quen enxalzou no seu omilía o labor da Garda Civil e a influencia de España no descubrimento do Novo Mundo.
Ao finalizar o acto relixioso, membros de ambas as corporacións municipais departiron cos axentes que recibiron mostras de afecto e solidariedade dos numerosos cidadáns presentes no recinto relixioso.
Unha vez finalizado o acto que este ano non contou co habitual petisco e viño español por solidariedade cos seus compañeiros desprazados en Cataluña, os axentes desprazáronse a Parada para participar na procesión das festas locais, feito que non ocorría desde hai xa moitos anos.
O posto de Ponte Caldelas está composto por un total de 11 gardas ao mando do sarxento Javier Márquez. Cobre a área dos municipios de Ponte Caldelas e A Lama. Non hai constancia da antigüidade desta demarcación, pero xa hai referencias a principios dos anos 50, aínda que o edificio actual foi construído en 1971.