Toda a oposición demanda no Parlamento máis medios e persoal para o centro de saúde de Marín
Por Oskar Viéitez
En Marea, Partido Socialista e BNG reclamaron ao goberno da Xunta que corrixa a falta de persoal e de medios no centro de saúde de Marín.
A iniciativa presentada pola portavoz de sanidade do BNG no Parlamento de Galicia, Montse Prado, recibiu o apoio do resto de grupos da oposición na cámara galega.
O Partido Popular votou en contra porque, segundo dixo a portavoz do PP, María Encarnación Amigo, o BNG "alarma, esaxera e falta á verdade" neste asunto e pediu á nacionalista que "non xogue coa saúde".
A portavoz do Bloque, Montse Prado reclamou á Xunta o comprometido durante a campaña electoral, e pediu que se dote ao centro de saúde de Marín de servizo de radioloxía, que se incorpore dúas prazas de fisioterapia, que se cubra as baixas de longa duración e se manteña un servizo de ambulancia de 24 horas.
Relacionadas:
-
Trocan as protestas diante do centro de saúde de Marín por repartición de follas de reclamacións
Por Redacción |
-
Entregan no Concello un milleiro de firmas en defensa da sanidade pública en Marín
Por Redacción |
-
CIG acusa o Sergas de empregar "camións quirófano" coma se foran "feirantes"
Por Redacción |
-
En Marea e o BNG esixen á Xunta que arranxe as deficiencias do centro de saúde de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Marea Marín critica a "situación precaria" do novo centro de saúde
Por Redacción |