Un control da Policía Local causa retencións en Beiramar
Por Redacción
A Policía Local de Pontevedra puxo en marcha este mércores un control de camións e furgonetas na avenida de Uruguai.
Para iso cortou o tráfico na rotonda fronte da rúa Jofre de Tenorio para obrigar aos vehículos que querían cambiar de dirección a continuar a súa marcha ata a seguinte glorieta onde estaba instalada unha báscula para a pesada dos transportes.
A medida provocou algunhas retencións sobre as nove da mañá ao coincidir coa hora punta de entrada nos traballos e colexios.
Os axentes municipais comprobaban con este dispostivo o cumprimento da legalidade no transporte de mercadorías, revisando as pertinentes autorizacións, a carta de porte, albaráns e demais normativa específica en materia de seguridade.