Este domingo, "Barosa Líquida" inunda Barro de actividades
Por Redacción
Este domingo 15 de outubro terá lugar a sexta edición de Barosa líquida que se celebra no Concello de Barro no parque natural de Barosa. Un ano mais este festival pretende achegar distintas disciplinas artísticas a quen se achegue este domingo a Barosa.
Un festival pensado para todos os públicos, dende actividades para os mais cativos ata os máis adultos. A programación deste ano destaca pola diversa participación de grupos musicais, que van dende o jazz, música tradicional ata o cantautor, tamén haberá teatro da man de Limiar teatro coa obra "lingua de contrabando" ou o espectáculo de maxia "a maxia de Xavi" de Barafunda.
Unha das actividades colaborativas máis reseñables é a edición dunha exposición denominada "todo o que cae na rede é peixe" na que participan alumnos de todas as idades do colexio público Amor Ruibal e tamén do IES de Barro.
Entre os grupos musicais que participarán nesta edición cabe destacar a: Cé orquestra pantasma (12:00 horas), Quodlibet (14.00 horas), Manoele de Felisa (16.00 horas), Foxy Freire (18.00 horas) e Píscore (19.00 horas).