Todas as persoas nacen cunhas habilidades innatas. Unhas habilidades interrelacionadas que algúns teóricos definen como intelixencias múltiples. Estas intelixencias ou capacidades pódense mellorar cun proceso educativo adecuado e tamén de aprendizaxe e exercicio vital.
Segundo a teoría do psicólogo Howard Gardner contabilízanse ata oito: a intelixencia lóxico - matemática, a intelixencia lingüístico - verbal, a musical, espacial, corporal, interpersoal, intrapersonal e a intelixencia naturalista.
María González explícao neste Dale la vuelta de PontevedraViva Radio cun exemplo: "é coma se cada un tivésemos dentro de nós oito ordenadores que procesan as súas respectivas informacións, pero que están interrelacionados nunha mesma rede".
Todas son necesarias e axúdannos en diferentes áreas a xestionar as nosas vidas. Desenvolvelas en óptimo grao está vinculado coa Educación, "cunha educación onde o que se valore non sexa a competición - 'quen é o máis...' senón na colaboración. E tampouco no uso exclusivo da memorización".
Na actualidade, hai experiencias que aplican estas fórmulas como o caso de David Calle e a web Unicoos. Se tras escoitar o programa queres expor algunha dúbida ou pregunta a María González, podes facelo escribindo a mariadalelavuelta@gmail.com