Presentan o sistema de sinalización intelixente instalado na zona do porto deportivo
Por Redacción
Este martes tivo lugar unha presentación dunha iniciativa pioneira en sinalización intelixente, xa que Sanxenxo é o primeiro concello de Galicia que xa ten en funcionamento estes sinais indicativos cun sistema integrado, que permite acceder aos usuarios a información de interese para eles.
Con só descargar unha aplicación, Inventrip, pódese planificar unha viaxe no móbil en tan só tres pasos. O primeiro, crear unha axenda de viaxe, organizada en cartafoles por días, restaurantes, rutas, etc. En segundo lugar, navegar e seleccionar os lugares para visitar. E, por último, pódese compartir a viaxe con familiares e amigos a través das redes sociais.
En Sanxenxo, o proxecto piloto desta iniciativa implantouse no porto deportivo coa instalación de cinco puntos indicativos, pero a idea é facelo extensible a outros lugares do municipio.
Ao achegarnos a eses puntos, automaticamente saltaría unha alerta con toda a información de interese da zona, sen necesidade de datos móbiles nin wifi, soamente a través de bluetooth.