A Deputación retirará esta semana unha palmeira e un chopo do Sexto Edificio do Museo
Por Redacción
O impacto do picudo vermello nas palmeiras de Pontevedra está a ser devastador. Se hai escasos días era necesario retirar a árbore situada ante o Arquivo Provincial do Paseo de Colón, en cuestión de días vivirá a mesma sorte a situada ante o Sexto Edificio do Museo de Pontevedra na rúa Pai Amoedo.
Fontes da Deputación Provincial explicaron que a palmeira está tan afectada xa pola presenza deste insecto de orixe asiática que non pode recibir tratamento e se decidiu retirala. De paso, e aproveitando que se vai traballar nesa árbore, retirarán tamén unha segunda peza, un chopo situado na mesma fachada do Museo
O chopo está moi débil e, para evitar riscos de caída, optouse pola súa retirada. De feito, desde hai días a Deputación instalou sinalización de alerta por risco de desprendementos na contorna.
Técnicos do Museo e da Estación Fitopatolóxica do Areeiro están a analizar a situación e coordinándose para a retirada. Será esta semana, pero aínda non se definiu cando.
Relacionadas:
-
O Museo perde outro chopo
Por Mónica Patxot |
-
Comezan os traballos para eliminar dúas árbores do Sexto Edificio
Por Mónica Patxot |
-
A loita contra a praga de picudo vermello nas palmeiras, a estudo en Pontevedra
Por Redacción |
-
Aplican un tratamento contra o picudo vermello nun total de 80 palmeiras municipais
Por Redacción |
-
Estudan instalar aspersores nas Palmeiras para combatir os ataques do picudo vermello
Por Redacción |