O comedor do colexio A Florida amplía a súa cobertura
Por Redacción
A ampliación do comedor escolar do colexio A Florida permitirá dar cabida a un maior número de alumnos. Pero, ademais, a Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) incluirá neste servizo de comedor aos fillos de traballadores da comunidade educativa como profesores, conserxes e persoal de limpeza.
Tamén as familias que teñan un fillo matriculado no centro e outro que xa pasara ao instituto poderán usar o servizo de comedor. É dicir, un neno que salga do IES Sanxenxo, como ten unha parada de autobús próxima ao CEIP A Florida, poderá quedar a comer no comedor, se ten un irmán pequeno na Florida. Así as familias non terán que ocuparse de recoller ao seu fillo maior para levalo a comer a casa se o seu horario laboral non llo permite.
A única condición necesaria para poder beneficiarse deste servizo é pagar a cota anual para facerse socios da ANPA, que é de 12 euros. Pero con este pago os nenos que estean no instituto poderán tamén participar nas actividades extraescolares que se desenvolvan no centro e utilizar o servizo do plan madruga que o CEIP ofrece.
A concelleira de educación, Paz Lago, agradeceu "a boa comunicación cos representantes da ANPA e co propio centro, cuestión que favorece a redacción dunha folla de ruta que nos permita resolver todas as peticións que desde o centro chégannos".
A última reunión da ANPA reiterouse a petición dunha demanda histórica de mellora da seguridade viaria da zona, que é un aspecto prioritario a resolver por parte do novo goberno, que tentará facerse cunha parcela para mellorar o acceso deste colexio.
Relacionadas:
-
Sanxenxo planifica coas ANPAS a xestión dos comedores e o plan madruga
Por Redacción |
-
Sanxenxo destinará máis de 27.000 euros a obras de mellora nos centros educativos
Por Oskar Viéitez |
-
Deputacion, Xunta e Concello destinan 407.647 euros aos colexios de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Os alumnos da Florida piden a Pita un skatepark
Por Oskar Viéitez |