A Praza do Concello de Cerdedo será reformada para mellorar a seguridade
Por Oskar Viéitez
O goberno local de Cerdedo-Cotobade está a ultimar as obras de reurbanización da Praza do Concello de Cerdedo, coas que se pretende mellorar a súa imaxe e a seguridade dos veciños.
Esta actuación, incluída no Plan Hurbe da Consellería de Medio Ambiente e dotada con 182.000 euros de orzamento, está a piques de ser adxudicada co obxectivo de que os traballos comecen no presente exercicio.
Este céntrico espazo está pavimentado con pezas de granito que presentan un acabado moi irregular, que sobresaen unhas por riba das outras ou incluso que están rotas, principalmente polas condicións de asentamento do terreo e polo paso de vehículos.
Esta situación motiva inconvenientes aos peóns e ao tráfico e incluso xenera risco dalgún accidente polo que se fai necesaria a súa reparación inmediata.