Un motor foraborda e un monopatín entre as 13 toneladas de residuos retiradas do fondo mariño
Por Redacción
Portos de Galicia vén de rematar a limpeza das dársenas dos portos de Vilanova de Arousa, Meloxo e Bueu.
Segundo explicou este venres o presidente de Portos, José Juan Durán, nunha visita á dársena vilanovesa, en total nestes peiraos pontevedreses recolléronse 13.600 quilos de residuos e lixo lanzado ao mar ou depositado de xeito involuntario pola propia actividade portuaria.
Porto a porto, os resultados obtidos foron os seguintes: Bueu 3.820; Meloxo, 5.040 e Vilanova de Arousa 4.740.
Entre os residuos extraídos, destacan obxectos de medianas e grandes dimensións como aparellos, nasas, cabos... e a nivel anecdótico, recuperouse un motor foraborda e un monopatín.
O equipo de traballo estivo formado por 5 buceadores e como medios mecánicos contouse cun barco con grúa. Ademais da empresa encargada da limpeza na lámina de auga, desde terra colaborou con ela a empresa concesionaria do servizo de limpeza de Portos de Galicia. Esta foi a encargada da recollida do lixo e de depositalo nos colectores de recollida selectiva xa preparados.
Relacionadas:
-
O Porto de Marín retirou 6.700 quilos de lixo mariño no último trimestre
Por Redacción |
-
Portos de Galicia retira máis de 13 toneladas de residuos dos fondos mariños de Bueu, Meloxo e Vilanova
Por Redacción |
-
O Porto de Marín retirou máis de 18 toneladas de lixo mariño no que vai de ano
Por Redacción |
-
O porto recibe unha das súas maiores descargas de millo
Por Redacción |
-
Campaña de limpeza nos portos de Vilanova de Arousa, Meloxo e Bueu
Por Oskar Viéitez |