Amizade presenta preto de 200 queixas na Xunta pola inaccesibilidade das oficinas de consumo
Por Oskar Viéitez
A asociación de persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra (Amizade) presentou este mércores preto de 200 queixas no rexistro da sede territorial da Xunta en Campolongo nas que denuncian a inacesibilidade das oficinas de consumo.
As dependencias do servizo de consumo de Pontevedra están situada nun primeiro andar que non conta con ascensor, polo que se imposibilita o seu uso por unha grande parte da poboación, "constituíndo unha discriminación que exerce a administración que en teoría ten que evitar que se produzan".
Estes días nos que tanto se fala da Constitución española, Amizade lembra que a carta magna establece que todas as persoas son iguais ante a lei, sen que poida existir discriminación por calquera circunstancia persoa ou social. E tamén di que corresponde aos poderes públicos promover as condicións para que a liberdade e a igualdade da persoa sexan reais e efectivos, removendo os obstáculos que impidan a súa plenitude e facilitando a participación de todas as persoas na vida política, económica, cultural e social.
O voceiro de Amizade, Paulo Fontán, lembra que case corenta anos despois téñense aprobado diversas normativas encamiñadas a que deixe de existir discriminación pero o certo é que aínda queda moito camiño por percorrer para conseguir unha igualdade real.
No caso das oficinas de consumo, xa no ano 2012 Amizade evidenciou publicamente esta situación, pero "cinco anos despois non cambiou nada".
Por tal motivo, desde a asociación Amizade, en colaboración coas asociacións Xuntos e Amencer, presentou esta reclamación por rexistro como un intento máis de que se lle dea solución a esta situación discriminatoria.
Relacionadas:
-
Tres unidades de handbike para mellorar a mobilidade
Por Gabriela Varela Asorey |
-
Denuncian a falta de accesibilidade do edificio de Consumo e de Tráfico en Pontevedra
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Marea Pontevedra proporá un plan de supresión de barreiras no municipio
Por Redacción |
-
Amizade organiza unha xornada de pesca e paseo en barco sen barreiras
Por Redacción |
-
O Hefesto achégase este ano ao mundo da arte
Por Redacción |
-
Proxectan a mellora da accesibilidade en pasos de peóns por toda a cidade
Por Alejandro Espiño |