A Garda Civil detén un mozo do Grove por roubar nunha cafetería
Por Redacción
A Garda Civil detivo nas últimas horas un mozo de 21 anos, D.C.B., veciño do Grove, como presunto autor dun roubo con forza, cometido nun restaurante deste municipio.
O roubo produciuse durante o verán no local que se atopa situado nunha céntrica rúa do Grove. O presunto autor, segundo a Garda Civil, forzara unha das xanelas do establecemento para acceder ao interior e levar unha pantalla táctil, valorada en preto de 700 euros, e a recadación da xornada que ascendía a 2.000 euros en efectivo.
O Equipo Básico de Inspección ocular (EBIO) do posto da Garda Civil de Sanxenxo realizou unha minuciosa inspección no establecemento, que resultou decisiva para complementar as investigacións realizadas polos axentes do posto do Grove. As impresións dixitais recollidas no local polo grupo de especialistas en inspeccións oculares foron moi importantes para a identificación do presunto autor.
As dilixencias foron entregadas no xulgado de instrución número 3 de Cambados, onde deberá comparecer a persoa detida cando sexa citado, acusado e un suposto delito de roubo con forza nas cousas.