A Xunta licitará esta semana a rehabilitación da súa antiga sede en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, presentaron este martes o proxecto de rehabilitación do edificio de Benito Corbal, que se licitará esta mesma semana, pensando en que as obras comecen a finais de ano, para que estean rematadas no mes de marzo de 2019.
O orzamento total da actuación ascende a 5,1 millóns de euros, incluíndo o estudo previo, a redacción do proxecto, o cálculo estrutural do edificio, ademais da dirección de obra e a auditoría enerxética.
A reforma converterá este edificio dos anos 70 que acolleu a antiga sede da Xunta na cidade nun espazo moderno, cómodo, accesible e versátil para todos os usuarios.
Paralelamente á construción do edificio a Xunta, da man do Concello e a Universidade, traballarán nos usos que terá o inmoble e escollerá a aqueles colectivos, asociacións ou entidades sociais que ocuparán un local no mesmo.
Alfonso Rueda fixo especial fincapé nestes usos que vai a ter este céntrico edificio, que se volverá a poñer a disposición e servizo dos pontevedreses, integrando oficinas de emprego, de entidades sociais e asociacións sen ánimo de lucro e da Universidade, e recuperando un edificio de máis de 5.000 metros cadrados, ademais de acadar un aforro en alugueiros de 165.000 euros ao ano co traslado das oficinas de traballo.
Segundo explicou o arquitecto na presentación, no edificio primará a eficiencia enerxética facendo un inmoble eficiente coas máis altas cualificacións enerxéticas.
Relacionadas:
-
A sede do Campus Crea ocupará catro plantas do edificio da Xunta en Benito Corbal
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta establecerá criterios "o máis obxectivos posibles" para repartir o seu edificio de Benito Corbal
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello, disposto a incluír Lepanto nun próximo ciclo de obras
Por Alejandro Espiño |
-
O custo da reforma do edificio da Xunta en Benito Corbal superará os 5 millóns de euros
Por Redacción |
-
Rueda destaca que "nunca se deu" un compromiso investidor "tan grande" da Xunta en Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |