Enfróntanse a tres anos e medio de prisión por dar unha malleira un home no exterior dunha discoteca de Benito Corbal
Por Redacción
A Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará a próxima semana dous homes acusados de darlle unha malleira a outro individuo no exterior dunha coñecida discoteca da rúa Benito Corbal golpeándoo con cintos de hebillas metálicas e propinándolle patadas e puñadas.
Os feitos ocorreron sobre as 4.00 horas da madrugada do 23 de agosto de 2014 e chegarán a xuízo o vindeiro xoves 5 de outubro na Sección Segunda da Audiencia. O fiscal pide que sexan condenados a tres anos e medio de prisión cada un como autores dun delito de lesións causantes de deformidade en concurso con outro de lesións agravado co emprego de instrumento perigosos.
O fiscal mantén no seu escrito de acusación que os pontevedreses F.P.V.e G.P.M., os dous acusados estaban ás portas do citado local de Benito Corbal cando comezaron unha forte discusión cun mozo de nacionalidade marroquí ao que acabaron golpeando, propinándolle patadas e puñadas en diversas partes do corpo.
Nun momento dado, os dous acusados quitaron os cintos que levaban postos, que contaban ambos con grandes hebillas metálicas, e comezaron a golpealo con eles. Alcanzáronlle na cabeza e nas costas e, finalmente, provocáronlle diversas contusións, un traumatismo facial con fractura dos ósos do nariz e feridas no beizo superior ou o tórax. Ademais, provocáronlle a perda de dous dentes, un no momento e outro con posterioridade.
O fiscal pide que os acusados cumpran tres anos de prisión e que indemnicen á súa víctimae con 280 euros polos días de incapacidade e curación e 10.000 euros polo conxunto das secuelas. Ademais, ambos os acusados deberán indemnizar ao Servizo Galego de Saúde cos 877,73 euros que custou a curación do agredido.
Relacionadas:
-
Dous acusados dunha malleira no exterior dun pub alegan defensa propia: "Yo protegí mi vida, que me mataba"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Dous acusados dunha malleira no exterior dun pub alegan defensa propia: "Yo protegí mi vida, que me mataba"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Un acusado preséntase bébedo nun xuízo e, cun acompañante, increpa á prensa
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |