Unha saída de vía sáldase cun ferido en Dena
Por Oskar Viéitez
Unha persoa resultou ferida este luns na localidade de Meaño tras saír da vía. O accidente ocorreu moi preto do centro de saúde de Dena, no lugar de Coirón, dirección Cambados, á altura do punto quilométrico 8 da PO-550.
Foi un particular quen, ao fío das 10:00 horas, alertou ao 112 Galicia.
Segundo indicou, o turismo ao saír da vía chocou contra un poste de cemento que, ademais, caeu encima do turismo. Por iso, foi necesaria a intervención do persoal de mantemento da estrada e o da compañía subministradora de electricidade, ao quedar afectado a iluminación pública.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 nada máis recibir o aviso do alertante, informouse ás 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, GES de Sanxenxo e aos Bombeiros do Salnés.
Debido aos danos ocasionados, a circulación tamén se viu alterada na vía.