A Xunta cofinancia obras de eficiencia enerxética en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este luns o concello de Sanxenxo acompañado polo alcalde, Telmo Martín, onde asinou un convenio para levar a cabo actuacións de eficiencia enerxética en varias zonas do municipio.
Concretamente con orzamento que case alcanza os 50.000 euros, comprende actuacións no paseo de Silgar, no parque infantil de Vilalonga, na praia de Baltar e na capela e na praza de abastos de Portonovo.
Ademáis Telmo Martín aproveitou a visita do vicepresidente para falarlle doutras necesidades no servizo de emerxencias.
DEPUTACIÓN
Preguntado polos xornalistas Alfonso Rueda criticou a actitude da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, por non querer recibir ao alcalde de Sanxenxo e sinalou que "máis da metade dos alcalde do Partido Popular siguen esperando a ser recibidos pola presidenta da Deputación e siguen esperando a que os visiten no seu concello".
O vicepresidente da Xunta e presidente provincial do PP cualificou de "inédito" este comportamento. "Debe ser porque son do PP", dixo.