200.000 euros do Plan Concellos destínanse a seis proxectos na Lama
Por Redacción
A Deputación Provincial aprobou seis novas investimentos no Concello da Lama dentro do programa Plan Concellos deste ano. En total, serán máis de 192.000 euros que cos proxectos aprobados ao longo de 2017 alcanzan o 87% do investimento previsto, isto é, 409.688 euros dun total de 470.000 previstos para este municipio.
Con este diñeiro acometerase o saneamento e a pavimentación de camiños en Covelo e Chozas, ademais da pavimentación dun aparcadoiro no Peso. Tamén se destinará unha axuda de 41.000 euros para a humanización da zona de hórreos en Seixido.
Outra das obras céntrase na restauración do pavimento de Cernedo que se atopa en mal estado. Investiranse máis de 40.000 euros.
27.700 euros irán para a mellora do abastecemento de Gaiola, en Seixido e outra axuda de 23.708 euros permitirá reformar a contorna da igrexa de San Bartolomeu, tamén en Seixido. Ademais, o Concello poderá adquirir lámpadas LED grazas a unha partida de 12.148 euros procedente do Plan Concellos.