A viúva de Javier Fernández envía unha carta aos medios: "Nunca fun unha muller maltratada"
Por Natalia Puga
"Quero que quede ben claro que o meu marido non era un maltratador nin nada que se lle pareza". Así de contudente comeza o comunicado público realizado por Andrea Montes, viúva de Javier Fernández, ex batería do grupo Los Piratas cuxa morte se xulgou nos últimos días nos xulgados da Parda.
O músico faleceu dun disparo efectuado por un axente da Garda Civil que acudiu á súa casa por un presunto caso de violencia de xénero e acabou disparándolle porque puxo en perigo a vida do seu compañeiro.
Andrea Fernández quixo enviar este comunicado tras o primeiro día de xuízo, celebrado o pasado venres 22 de setembro no Xulgado do Penal número 2 de Pontevedra, no que varias testemuñas reiteraron que o día da morte de Hal -nome artístico de Javier Fernández- produciuse unha petición de axuda aos servizos de emerxencias porque se puxo agresivo, agrediu á súa esposa e retiña en casa ao seu fillo.
Ante estas afirmacións, a súa viúva asegurou que "nunca me pegou nin me gritou, nin exerceu algún tipo de malos tratos sobre min en nove anos que levabamos de relación e vivindo xuntos, e tampouco sobre o meu fillo, que tiña dous meses cando morreu o seu pai". "Nunca fun unha muller maltratada. El era todo o contrario a un maltratador", engade.
O comunicado recolle tamén as intencións que levan á familia do famoso músico a acusar o garda civil que lle disparou o tiro mortal a pesar de que a Fiscalía non atopou motivos para sentalo no banco dos acusados.
Segundo recolle, non hai nada que poida aliviar o sufrimento que padecen pola súa morte e "nada poderá evitar que o meu fillo creza sen o seu pai", pero seguen adiante coa vía xudicial porque queren "que se asuman responsabilidades, que se faga xustiza e, sobre todo, que xamais volva ocorrer algo así".
Relacionadas:
-
Absolven o garda civil acusado da morte do ex batería de Los Piratas
Por Natalia Puga |
-
Solicitan que se investigue se un amigo do ex batería de Los Piratas cometeu falso testemuño no xuízo
Por Natalia Puga |
-
O fiscal mantén que a conduta do garda que disparou ao ex batería dos Piratas "está xustificada"
Por Natalia Puga |
-
Dous días de xuízo para tentar aclarar que ocorreu o día que morreu Javier Fernández
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O garda civil acusado da morte do ex batería dos Piratas xustifícase no xuízo: "Non me quedou outra alternativa"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada