Aempe pon en marcha un curso gratuíto de dirección de empresas dentro do Plan Social de Ence
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Un dos principais problemas á hora de iniciar unha actividade empresarial emprendedora atópase na falta de formación das persoas que asumen a iniciativa. Por este motivo, Aempe decidiu desenvolver dentro da aula de estratexia empresarial un curso de dirección de Pemes, que se iniciará o 6 de outubro e prolongarase ata o 10 de novembro.
Na mañá deste luns, o presidente de Aempe, José María Corujo, presentaba esta proposta acompañado polo director territorial de Ence en Pontevedra, Antonio Casal, que financia este curso de formación a través do Plan Social que desenvolve a empresa pasteira.
Ao longo do programa impartiranse sesións que tocarán diferentes ámbitos como a detección de oportunidades, elección da forma xurídica para poñer en marcha a empresa, análise do modelo das franquías, selección de persoal ou contabilidade.
Segundo explicaba Corujo, durante o curso tocaranse todas as materias desde o inicio ata o momento de estabilidade da empresa, ofrecendo ferramentas e coñecementos básicos.
O número de prazas para este curso gratuíto ascende a ao redor de 50 persoas e os interesados poden poñerse en contacto con Aempe a través do 986866376 ou dos correos electrónicos: gerencia@aempe.com e orientacion@aempe.com
O director territorial de Ence, Antonio Casal, mostrou a súa satisfacción por colaborar con este proxecto e destacou a boa acollida do Plan Social que, segundo manifestou, está a ofrecer actividades moi positivas para o conxunto dos cidadáns en diferentes ámbitos.
Relacionadas:
-
Aempe e Ence apoian os novos empresarios
Por Noticia patrocinada |
-
Presentan un obradoiro de papel artesanal feito a man, coa pasta de celulosa de ENCE
Por Redacción |
-
O Concello de Marín asina coa empresa Ence o convenio do Plan Social 2017
Por Oskar Viéitez |
-
O Plan Social de Ence activa a aceleradora empresarial Ría de Pontevedra a través de AJE
Por Redacción |
-
Ence entrega as axudas a 26 asociacións veciñais na terminal de Ceferino Nogueira
Por Anxo Lourido |
-
O Plan Social de Ence apoia os proxectos de 23 entidades para a recuperación e coidado da contorna
Por Redacción |
-
As 342 solicitudes presentadas superan o fondo do plan de axudas previsto por ENCE
Por Oskar Viéitez |