Sufocan un incendio nunha nave abandonada en Vilagarcía
Por Redacción
Os Bombeiros de Vilagarcía tiveron que intervir na tarde deste domingo para sufocar un lume iniciado nunha nave abandonada situada na rúa O Castriño esta localidade arousá, que quedou practicamente calcinada.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o lume produciuse sobre as 18.30 horas deste domingo. A persoa que alertou xa avisou que se trataba dunha nave dunha antiga fábrica agora sen actividade.
As tarefas de extinción prolongáronse ata pasadas as 19.15 horas, momento en que os bombeiros comunicaron ao 112 Galicia a total extinción do lume. Indicaron que arderon uns colchóns e maleza no interior da construción. A estrutura de madeira da nave e o tellado tamén se viron afectados.
O 112 alertou do ocorrido aos Bombeiros de Vilagarcía e informou a Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.