Ao banco dos acusados por roubar ao cliente ao que lle venderon droga
Por Oskar Viéitez
A sección segunda da Audiencia de Pontevedra xulgará o xoves a unha parella de vilagarciáns, a muller J.A.C. e o home R.B.R., por presuntos delitos de venda de substancias estupefacientes e por tratar de roubar a un cliente.
A fiscal pide oito anos e medio de prisión para cada un.
O escrito de acusación da Fiscalía relata uns feitos que supostamente tiveron lugar o 30 de abril de 2016.
Segundo o escrito do fiscal, a acusada levou ao cliente ao seu domicilio onde xa lles estaba o outro acusado. Alí comprou dous papelinas de estupefaciente a cambio de 20 euros. No transcurso do intercambio os acusados viron que o cliente portaba 170 euros máis. Entón "de común acordo e con ánimo de enriquecemento inxusto", forcexearon con el e agredírono para quitarlle o diñeiro.