A prisión da Lama celebra a festividad da Mercé
Por Redacción
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, presidiu este venres o acto de celebración da festividade de Nosa Señora da Mercé no centro penitenciario da Lama.
Na súa intervención destacou que este acto é unha mostra de agradecimiento ao labor da xunta directiva, dos funcionarios do centro, das forzas e corpos de seguridade do Estado, as asociacións e das ONG's que, dun xeito ou doutro, colaboran cos internos. "Entre todos estades axudando a consolidar un modelo penitenciario que se converteu nun referente para moitos países".
Ana Ortiz asegurou que "a maioría dos internos tedes asumido que a formación e os programas de lecer e cultura non só desenvolven a vosa creatividade, senón que vos achegan á sociedade".
Para rematar, felicitou e expresou o seu recoñecemento aos funcionarios galardonados por todos os seus anos de servizo e entrega.