Senderistas de toda Galicia cítanse na Lama
Por Redacción
O municipio da Lama é o escenario da I Xuntanza Sendeirista que se está celebrando desde este venres e durante a fin de semana convertendo ao municipio en punto de encontro de deportistas e amantes da natureza en toda Galicia.
A actividade está promovida por "Alecrín, actividades e aventura" e conta co apoio da Federación Galega de Montaña, así como coa colaboración do Concello da Lama e pretende poñer en valor un deporte de contacto coa natureza ao tempo promociona os recursos naturais, patrimoniais e etnográficos do municipio a través das rutas de sendeirismo existentes que se atopan perfectamente sinalizadas e balizadas.
Segundo manifestou o alcalde da Lama, Jorge Canda, "esta iniciativa conta co noso apoio porque vai enfocada a un tipo de turismo que buscamos na Lama como é o turismo familiar, un turismo sostible e de calidade".
Os participantes poderán gozar dunha ruta nocturna especialmente deseñada para a observación astronómica durante a cal os asistentes aprenderán diversas técnicas para orientarse na escuridade.