Nova iluminación pública para a rúa Carrasqueira
Por Redacción
O goberno local de Barro adxudicou á empresa Setga S.L. o proxecto para repoñer a iluminación pública na rúa Carrasqueira e no aparcadoiro do tanatorio municipal.
Esta iluminación atópase desmantelado desde hai anos debido ao roubo da liña eléctrica e tamén pola deterioración dos farois colocados no lugar.
O proxecto conta cun orzamento de 15.951,73 euros, que serán asumidos por fondos municipais.
A actuación consisitirá na colocación de novos farois con luminarias LED co obxectivo de avanzar á súa vez no aforro enerxético.