O garda civil acusado da morte do ex batería dos Piratas xustifícase no xuízo: "Non me quedou outra alternativa"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Co testemuño do garda civil que en agosto de 2015 disparou causando a morte a Javier Fernández, batería da banda musical Los Piratas, arrancou este venres a vista oral no Xulgado do Penal número dous de Pontevedra. O axente está acusado dun delito de imprudencia grave profesional por dispararlle un tiro mortal cando acudiu á súa casa por un aviso de violencia de xénero e atopouse co músico alterado porque ten un trastorno bipolar e empezara a deixar a medicación por indición do psiquiatra.
O garda, Rubén Ll.A., que se limitou a responder as preguntas do fiscal, do avogado da defensa e do xuíz, mantivo en todo momento a súa inocencia e declarou que lle disparou con intención de inmobilizalo porque arrinconara o seu compañeiro armado cun coitelo e un garfo e temeu pola súa vida.
Na súa declaración na sala explicou que a primeira persoa que lle dixo que Javier tiña unha alteración psiquiátrica foi a esposa ao chegar á casa, pois inicialmente a eles avisáballes dun altercado por violencia de xénero. Inicialmente, alertáranlles de que o músico seguía na casa co seu bebé de dous meses, pero, en canto chegaron, xa saía da casa un amigo co neno e entregoullo á esposa. Deste xeito, en canto ela trasladoulles que tiña unha alteración psiquiátrica, "nuestra intención primera era intentar calmarlo", asegurou.
Entraron na casa precedido por un amigo para que tentase facer de mediador e atopáronse con que "estaba totalmente alterado". O garda explicou que o músico "dijo que era Dios, que nos iba a matar a todos, nos iba a cortar en trocitos". "Soy Dios, no me creéis, no sabéis de lo que soy capaz", lembrou o acusado que dixera o ex batería.
Continuou o seu relato explicando que os gardas estaban no soportal e Javier en casa, pero, tras as amanezas, o outro garda accedeu ao interior da vivenda mentres el quedaba na porta. Javier entrou na cociña e saíu cun garfo nunha man e un coitelo na outra arrinconando ao seu compañeiro, ao que propinou golpes e cravoullo. O acusado non lembra se levaba máis cubertos, só eses dous, pero non descarta que portase algún máis.
O acusado sostén que viu que o músico ía co garfo á xugular e o coitelo ao abdome do seu compañeiro, polo que apuntou á perna, pero "estaba como loco", moveuse e deulle o desafortunado disparo que lle alcanzou o abdome e foi mortal de necesidade. Acabou morrendo horas máis tarde no hospital.
"A vida do meu compañeiro corría grave perigo", xustificou para explicar que optase por disparar e non por outra reaccón. "Si corre peligro la vida de una persona, yo tengo que actuar de la manera que actué. No me quedó otra alternativa", afirmou o garda acusado. "Lo único que pretendía era inmovilizarlo. No que quedó más remedio que reducirlo", indicou.
Os tres avogados que exercen a acusación particular en representación da viúva, o irmán e os pais do músico piden catro anos de prisión e seis de inhabilitación para o axente mentres que a Fiscalía non acusa neste caso e a defensa pide a súa libre absolución.
Relacionadas:
-
Absolven o garda civil acusado da morte do ex batería de Los Piratas
Por Natalia Puga |
-
Solicitan que se investigue se un amigo do ex batería de Los Piratas cometeu falso testemuño no xuízo
Por Natalia Puga |
-
A viúva de Javier Fernández envía unha carta aos medios: "Nunca fun unha muller maltratada"
Por Natalia Puga |
-
O fiscal mantén que a conduta do garda que disparou ao ex batería dos Piratas "está xustificada"
Por Natalia Puga |
-
Dous días de xuízo para tentar aclarar que ocorreu o día que morreu Javier Fernández
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |