En Poio, en bicicleta
Por Redacción
A Semana da Bicicleta organizada polo Concello de Poio en colaboración con Poio Bike, o IES de Poio e a Federación Galega de Ciclismo, está a encher de actividade e de bicis o municipio. Durante as dúas útlimas xornadas, foi un fervedoiro de ciclistas, en especial entre a comunidade educativa.
As actividades enmárcanse na celebración da Semana Europea da Mobilidade e contan coa participación da Policía Local e a Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra, todo baixo o lema "Compartir lévache máis lonxe" e co obxectivo de sensibilizar os responsables políticos e aos cidadáns sobre as consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche na cidade, tanto para a saúde pública como para o medio ambiente, e os beneficios do uso de modos de transporte máis sustentables como o transporte público, a bicicleta e as viaxes a pé.
A programación incluíu este mércores unha 'andaina' aberta a todos os veciños e este xoves un taller de educación viaria para nenos de Educación Primaria na Seca entre as 17.00 e as 20.00 horas.
Este venres 22 continúa a programación cunha marcha ciclista aberta a todos os veciños que pechará a programación a partir das 19.00 horas.
Relacionadas:
-
Os colexios de Poio realizan prácticas de educación viaria
Por Redacción |
-
Vilagarcía encarga o deseño dunha rede de ciclovías polo municipio
Por Redacción |
-
Pedalada familiar para reclamar unha nova vía ciclista na cidade tras dous anos sen crearse ningunha
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Unha semana para fomentar o uso da bicicleta entre todos os veciños de Poio
Por Redacción |