O PSOE provincial aproba o calendario para a renovación dos seus órganos de dirección
Por Redacción
O comité provincial do PSdeG-PSOE de Pontevedra aprobou o calendario para a renovación dos órganos de dirección do partido na provincia.
O calendario proposto pola executiva recibiu o 73,5 por cento dos votos.
Desta maneira as primarias, mediante as cales elexirase por primeira vez ao secretrario provincial, celebraranse o domingo día 3 de decembro, mentres que o congreso no que ratificará a elección quedou fixado para o día 16 do mesmo mes.
No calendario aprobado contémplanse os días 2 e 3 de novembro como prazo para a presentación das precandidaturas, mentres os avais poderanse recoller entre o 6 e o 16 de novembro.
Os candidatos ou candidatas poderán facer unha campaña de información aos preto de 3.000 militantes pontevedreses entre o 21 de novembro e o 2 de decembro.