Os deportes artísticos non son só cousa de mulleres
Por Oskar Viéitez
A igualdade foi protagonista este mércores de dúas xornadas que se desenrolaron no campus de Pontevedra.
Os deportes artísticos son cousa de mulleres? Esta é a pregunta á que a profesora da Universidade da Coruña e xuíza internacional de ximnasia rítmica Elena Sierra tratou de responder na conferencia de apertura das xornadas Expresión artística e xénero.
Unha mirada plural, que se desenvolveu na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte., que tiñan como propósito demostrar que non, “que, polas súas características, os deportes artísticos non dependen do xénero, senón de se tes realmente as calidades necesarias para eles e estas tenas tanto o xénero feminino como o masculino”.
Non obstante, como salientou a profesora da facultade Rebeca Freire no segundo relatorio, deportes como a ximnasia rítmica vense afectados por unha serie “de estereotipos e barreiras sociais que dificultan a súa práctica por calquera neno ou mozo”.
Por outra banda, buscaban indagar, desde unha óptica contemporánea, na pluralidade de aspectos da expresión artística feminista, así como revisar, desde a linguaxe da arte, os conceptos do feminino e do masculino foron outros dos obxectivos dunhas xornadas en Belas Artes.
A falta de apoios para o desenvolvemento de proxectos artísticos en eidos como a performance, a danza ou as artes escénicas, todas elas disciplinas efémeras, xunto coa existencia de factores de desigualdade e de discriminación é a dobre barreira que as mulleres artistas teñen que enfrontar nestas disciplinas e que tres profesionais, Lola Correa, Gena Baamonde e María Roja coincidiron en sinalar nun coloquio na Facultade de Belas Artes.