Carmela Silva responde á carta de Telmo Martín: "excusatio non petita accusatio manifesta"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, mostrouse "encantada" coa carta enviada por Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo, lamentando que a máxima responsable política provincial non queira recibilo. A mandataria provincial sinala que "me vén a dar a razón".
Carmela Silva sinala que existe unha locución latina que serve para definir a actitude de Telmo Martín: "excusatio non petita accusatio manifesta" que, segundo expón, supón que o alcalde sae a dar explicacións que ninguén lle pediu. "Todo o mundo ao longo da súa vida leva unha mochila", indicou referíndose ao alcalde da vila turística.
A presidenta prrovincial afirma que se riu moito coa carta de Telmo que non contesta á gran cuestión relacionada co seu acceso á alcaldía ocupando o cargo de Gonzalo Pita. "Na historia da humanidade nunca alguén dimitiu para quedar de número dous. A cambio de que?", indicou Silva, que insiste en que se trata dunha moción encuberta e por iso como política, cidadá e demócrata non quere normalizar "aquilo que ten moito de antidemocrático".
Tamén fixo referencia aos antecedentes aos que se refire Telmo Martín sobre os gobernos socialistas e contestou que o PP que leva anos gobernando non foi capaz de modificar a lei de bases de réxime local e a lei electoral. "Son bastante incompetentes", apuntou porque hai queixas de moitos alcaldes sobre estas cuestións.
Relacionadas:
-
Telmo Martín lamenta os "desplantes públicos" que lle fai a presidenta da Deputación
Por Redacción |
-
Carmela Silva recomenda ao PP que tome tila porque "están moi nerviosos"
Por Anxo Lourido |
-
"Que ninguén se atreva", advirte Carmela Silva, a culpar á Deputación do ocorrido en Sanxenxo
Por Alejandro Espiño |