Bueu creará un comité do Entroido
Por
O Concello de Bueu vai poñer en marcha un Comité do Entroido, que estará conformado por responsables municipais, ademais das comparsas e colectivos que participan desta festa con tanta tradición na vila morracense, de cara á organización do vindeiro ano.
A primeira reunión para toma de contacto será este xoves, 21 de setembro, na sala de xuntas do Concello a partir das 21.00 horas, e a ela poderán sumarse todos os colectivos e persoas que o desexen.
No encontro estará a concelleira de promoción económica e turismo, Silvia Carballo, quen declara que "é unha oportunidade para facer partícipes na toma de decisións a todos e todas os implicados, así como mellorar o Entroido".
A causa de convocar con tanta antelación esta reunión é que moitas das comparsas xa comezaron a ensaiar.