O "procés" enfronta a PP e BNG
Por Redacción
Jacobo Moreira, portavoz do grupo municipal do Partido Popular, volveu reiterar este martes que considera moi irresponsable a postura que mantén o alcalde de Pontevedra ao asinar a declaración de apoio do BNG ao referendo de Cataluña.
Moreira asegura que "non é bo que manche o nome de Pontevedra con estas cousas" para, a continuación, afirmar que non entende como un alcalde pode condenar como persoa 'non grata' a Mariano Rajoy, "un presidente que defende unha Constitución" e que, en cambio, apoie a quen pretende incumprir e saltarse a Constitución.
O representante popular concluíu na súa visita ás obras do novo edificio xudicial da Parda que mesturar o nome de Pontevedra con estas actitudes "creo que non o merecen os veciños de Pontevedra".
Pola súa banda, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, respondía dicindo que as críticas describen a intolerancia da persoa que as fixo.
Posteriormente, insistiu en que o BNG non oculta a súa posición e a defensa do dereito para decidir de todas as persoas en xeral, xa sexan españois, galegos ou cataláns.
POLÉMICA TAMÉN EN POIO
Tamén o voceiro do PP de Poio, Ángel Moldes pregunta ó alcalde, Luciano Sobral "se non existen problemas dabondo en Poio para ir asinando manifestos que chaman a dividir aoss cidadáns e a incumprir a lei".
Os populares de Poio advirten que o documento asinado polos alcaldes do BNG "non representa ós veciños", e presentará un rogo no vindeiro pleno para que Sobral "reflexione" sobre os manifestos que asina "non a título persoal, senón como alcalde de Poio".
Ángel Moldes pregunta ao rexedor se tamén "apoia ós alcaldes ameazados por cumprir a lei" e se a partir de agora os veciños poden "deixar de pagar os recibos do IBI, o lixo ou as multas de tráfico".
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Policías piden en Pontevedra medidas urxentes para frear o "acoso" e "persecución" que sofren en Cataluña
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O referendo de Cataluña tamén divide aos pontevedreses
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra tamén achega gardas civís para o dispositivo do referendo en Cataluña
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Lores non retirará o seu apoio ao "dereito a decidir" de Cataluña: "Eu son nacionalista"
Por Alejandro Espiño |
-
Moreira dá un ultimátum ao alcalde para que retire o apoio ao referendo ilegal
Por Oskar Viéitez |
-
Dúas concentracións sacan á rúa as posturas enfrontadas dos pontevedreses sobre o 'procés' catalán
Por Mónica Patxot |
-
O PP sinte "vergoña e repugnancia" polo apoio de Lores aos alcaldes cataláns investigados
Por Oskar Viéitez |