Os Tedax dan instrucións á Policía Local para actuar en caso de atentado terrorista con bomba
Por Redacción
A Comandancia da Garda Civil de Pontevedra acolleu este martes unha reunión de traballo cunha representación das policías locais desta provincia na que un técnico especialista en desactivación de artefactos explosivos (TEDAX) deu instrucións para saber actuar en caso de atentado terrorista con bomba.
No encontro informouse os axentes municipais das medidas de reforzo acordadas a nivel nacional no actual nivel de alerta 4, con motivo dos atentados de Barcelona e, ao mesmo tempo, estableceuse un protocolo de actuación coordinada.
No transcurso desta reunión, na que participaron unha trintena de axentes de varios municipios da provincia, os policías locais asistiron a unha charla de información específica como parte das medidas postas en marcha no marco da loita contra o terrorismo yihadista.
A reunión incluíu unha charla a cargo do responsable do Equipo de Desactivación de Explosivos da Comandancia, sobre as actuacións preventivas e medidas de seguridade que se deben adoptar en caso de atentado ou ameaza con artefactos explosivos.