O Concello inspeccionará a empresas distribuidoras, aparcadoiros e banca contra a fraude do IAE
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A xunta de goberno local do Concello de Pontevedra adxudicou este luns á empresa Noroeste Local SL (Norloc) unha asistencia técnica de inspección do imposto sobre actividades económicas (IAE). Esta firma cobrará en función do recadado, un 16% por cada inspección unha vez abonada ao Concello.
Nesta ocasión a inspección centrarase en sectores como as empresas distribuidoras, aparcadoiros e banca.
Segundo explicou o portavoz o concelleiro de facenda, Raimundo González, as empresas que teñen que pagar este imposto son aquelas que teñen unha facturación superior a un millón de euros e no padrón do municipio hai unhas seiscentas.
Desde o ano 2013 e ata agora o concello recadou con este imposto 1.379.368,73 euros. Ademais do que se recada, a inspección do IAE tamén implica que sobe o padrón anual.
A inspección conseguiu sumar ao padrón a 85 firmas que antes non pagaban este tributo, xeralmente porque tiñan os conceptos sen actualizar relativos á medición do local ou á potencia contratada de enerxía eléctrica. Curiosamente tamén deu de baixa a outras dúas empresas que abonaban o IAE sen ter que facelo, recuperando o diñeiro pago.
Raimundo González asegurou que con esta iniciativa o goberno local persegue "a eliminación da fraude fiscal".
Relacionadas:
-
Pontevedra prevé ingresar 2,2 millóns polo imposto de actividades económicas a grandes empresas
Por Alejandro Espiño |
-
Nova inspección a empresas pontevedresas contra a fraude do IAE
Por Oskar Viéitez |
-
Prevén incrementar en 700.000 euros os ingresos municipais tras a revisión do IAE e do Catastro
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello recada case 500.000 euros trala revisión do IAE ás grandes empresas
Por Alejandro Espiño |