A cafetería da Praza da Liberdade debe 106.000 euros ao concello
Por Oskar Viéitez
A xunta de goberno do Concello de Pontevedra decidiu resolver o contrato da cafetería da Praza da Liberdade.
O portavoz do goberno municipal, Raimundo González, informou este luns que esta cafetería leva tres anos sen abonar o canon ao Concello ao que debe 106.518,43 euros.
O actual contrato de concesión remata o 31 de decembro polo que o goberno local acordou "non proceder a ningunha prórroga nin se vai a autorizar ningunha sucesión da empresa", dándose por resolto o contrato.
As débedas están todas reclamadas polo concello pola vía executiva. Mentres tanto os servizos técnicos prepararán un novo concurso para cando se resolva o actual e coa intención de que "estea o menor tempo posible sen estar ocupado", dixo Raimundo.
Relacionadas:
-
Novo intento para abrir a cafetería da Praza da Liberdade: propoñen contrato a 15 anos
Por Alejandro Espiño |
-
A cafetería da plaza da Liberdade sairá de novo a concurso
Por Alejandro Espiño |
-
Delegados de CC.OO. concéntranse contra o anterior propietario dunha cafetería por impago
Por Redacción |
-
Convocan unha folga indefinida na cafetería da Praza da Liberdade
Por Redacción |