Accidéntase en pleno paseo de Lourido e dá positivo por alcol
Por Diego Espiño
A Policía Local de Poio investiga as posibles causas do accidente de circulación que protagonizou este domingo un turismo en pleno paseo de Lourido.
Unha muller de 54 anos saíu da vía invadindo o paseo nun accidente inusual, xa que se trata dunha zona de recta con boa visibilidade.
Nese momento, ao redor das 18:30 horas, gozaban do paseo de Lourido un gran número de persoas.
A pesar diso e por fortuna non houbo que lamentar danos persoais.
Os axentes realizaron á condutora e única ocupante do coche as probas pertinentes, comprobando que deu positivo en alcoholemia, segundo informa a policía municipal.
Os axentes deron conta das dilixencias ao xulgado por un presunto delito contra a seguridade viaria.