A piscina municipal de Sanxenxo recupera a súa actividade
Por Redacción
Despois de 15 días pechada por tarefas de mantemento, a piscina municipal de Sanxenxo recuperou esta fin de semana a súa actividade habitual.
Durante a primeira quincena de setembro nas instalacións leváronse a cabo unha serie de obras como son a reparación de xanelas, a impermeabilización da cuberta do ximnasio para solucionar o problema de filtración de auga, pintáronse os vestiarios e tamén se selaron unhas xanelas ao lado sur da edificación.
O custo total destas e outras pequenas reparacións foi de 14.600 euros.
Coa súa reapertura a piscina recupera agora o seu horario habitual, que de setembro a xuño será de 7:45 a 13:30 e de 16:00 a 23:00 horas de luns a venres, os sábados de 9:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas e os domingos de 11:00 a 14:00 horas.
A entrada, con dereito a piscina e ximnasio, ten un prezo de 3,80 euros, os bonos de 10 entradas de 24,75 euros e os de 15 entradas de 29,50 euros.