A Ameixa non ten rival en Campelo
Por Diego Torrado
Tres décadas exaltando ao seu produto estrela non son pouca cousa, e como tal o celebra esta fin de semana Campelo na XXX edición da Festa da Ameixa.
A carpa gastronómica instalada na Praza da Granxa é un ano máis centro dunha celebración que se iniciou xa o venres coa tradicional homenaxe ás mariscadoras xubiladas, unha vintena nesta ocasión.
Os asistentes puideron degustar o prato principal da festa, as ameixas á mariñeira, e tamén como novidade un arroz con ameixas.
Durante o sábado ademais da parte gastronómica, a Festa da Ameixa contou coas actuacións da Escola de Música Tradicional de Poio, do grupo folclórico Vides Novas, de Lembranzas Moañesas ou dos participantes no certame de Canción Mariñeira.
Ademais pola noite amenizaba a velada a orquestra Ritmo Joven tras a tirada prevista dos sempre espectaculares fogos de artificio.
A XXX Festa da Ameixa péchase este domingo coa continuación da degustación na carpa da Praza da Granxa e as actuacións da Banda de Música de Arcade, a Escola de Música Tradicional de Poio, o grupo Los Antonis, o certame de corais e o concerto final das Cantareiras Madia Leva de Meis.
Relacionadas:
-
Unha Festa da Ameixa de récord: preto de 12.000 persoas dánse cita en Campelo
Por Redacción |
-
Campelo despachará racións de ameixa a 6,50 euros con arroz e 8,50 á mariñeira
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Astarot e Los Secretos fan saltar o público no preludio da Festa da Ameixa
Por Diego Torrado |
-
Habilitan mil prazas de aparcadoiro en Campelo para os asistentes ao festival e á Festa da Ameixa
Por Oskar Viéitez |
-
Campelo cumpre 30 anos exaltando a ameixa
Por Redacción |