Volver ao cole non é tan malo coa Zona Monumental
Por Redacción
O centro histórico acolleu un ano máis a xa tradicional festa de volta o cole organizada polo Centro Comercial Urbano Zona Monumental de Pontevedra.
Foi unha xornada de diversión en diferentes prazas coas diferentes actividades programadas, desde as 16:30 ata as 20:30 horas.
Inchables, xogos tradicionais, ludoteca, tiro con arco, un touro mecánico ou un circuíto de patinete foron algunhas das actividades das que puideron gozar os nenos.
Ademais do mesmo xeito que o pasado ano o Club de Waterpolo Pontevedra levou a cabo a iniciativa "Waterpolo na Rúa", situada na rúa Serra, coa que pretende promocionar o seu deporte.
Ademais da rúa Serra, os pequenos atoparon actividades nas que participar nas prazas de Curros Enríquez, Méndez Núñez e Valentín García Escudero.
Para finalizar a xornada esperaba a sempre divertida festa da escuma na praza de Mugartegui.