Se es dos que aínda teñen pendentes vacacións, estás a tempo de notar nota. Se xa esgotaches esa época de descanso... e ese tempo non foi así, tamén é bo momento para que escoites este Dale la vuelta en PontevedraViva Radio. María González, formadora en benestar, propón facerse algunhas preguntas para conseguir que esas semanas de desconexión da rutina e da actividade habitual sexan reconfortantes.
Por exemplo: que quero das vacacións?, planeas esas vacacións con excesiva anticipación?, pensas no que queres ou no que "hai que", é dicir en obrigacións?, vacacións con ou se parella?, todos necesitamos vacacións?
Falamos tamén dese termo acuñado nos últimos anos: "síndrome post vacacional" que non se acompaña de síntomas positivos. María González tamén deixa pautas para darlle a volta á situación. Se che queda algunha dúbida, suxestión, queres facer algún comentario, ou propoñer un tema que abordar en Dale la vuelta, tes un mail ao que escribir mariadalelavuelta@gmail.com