O luns comezará a segunda fase da reforma de Luis Rocafort
Por Redacción
A segunda fase da mellora integral da avenida Luis Rocafort de Sanxenxo comezará o vindeiro luns día 18 de setembro. As obras reiniciaranse coa demolición das beirarrúas da marxe dereita, escavacións e a colocación de novas tubaxes de auga, subministro eléctrico e telecomunicacións.
Segundo indicou o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, a intención é que a obra estea rematada antes do Nadal, mais dependerá da climatoloxía, que marcará o ritmo dos traballos. O nacionalista insistiu en que o proxecto, que vai máis adiantado do previsto, executarase tal e como se acordou co anterior goberno municipal, "cunha grande calidade urbana".
Este luns realizarase o trámite administrativo para retomar os traballos: firmarase a acta do levantamento da suspensión das obras durante o verán.
Unha vez resolto o trámite burocrático, cortarase un carril da rúa e instalarase a sinalización de obra para habilitar a zona de traballo. Os obreiros da UTE Nexia-Oresa comezarán despois coa maquinaria pesada e a demolición das beirarrúas da marxe dereita da avenida que aínda queda por renovar, dende a parte máis próxima á praia de Silgar ata a rotonda da estrada autonómica.
O orzamento de licitación das obras da mellora integral da avenida de Luís Rocafort ascende a 1.650.759.28 euros.
Relacionadas:
-
A polémica reforma de Luis Rocafort dá paso a unha nova avenida
Por Redacción |
-
A reforma de Luís Rocafort encara a súa recta final e estará lista antes do Nadal
Por Redacción |
-
A primeira fase das obras de Luis Rocafort remata o mércores 21
Por Redacción |
-
"Que ninguén se atreva", advirte Carmela Silva, a culpar á Deputación do ocorrido en Sanxenxo
Por Alejandro Espiño |
-
Deputación e Sanxenxo botan un pulso polos aparcadoiros en Luís Rocafort
Por Oskar Viéitez |