A Deputación de Pontevedra recibe un premio de "Mulleres Imparables"
Por Redacción
Pola súa colaboración coa rede de mulleres profesionais #MujeresImparables a Deputación de Pontevedra acaba de recibir o premio na categoría de Expansión, recoñecendo o traballo levado a cabo pola institución provincial.
O xurado fixo pública a súa decisión este xoves en Chiclana, no marco da segunda edición da xornada #AlianzasImparables, un innovador formato para facer visibles os distintos proxectos de emprendemento de éxito entre as persoas que forman parte da súa rede.
Deste xeito, a institución provincial conseguiu un galardón que comparte na súa categoría cun proxecto de destino turístico compartido entre San Sebastián e Sevilla, "Ongi Etorri Miarma".
GALA DO DEPORTE FEMININO DE GALICIA
A presidenta da Deputación, Carmela Silva tamén anunciou este venres en rolda de prensa que a quinta edición da gala do deporte feminino de Galicia desenvolverase no salón de plenos da institución provincial o próximo día 29 de setembro a partir das 20.30 horas.
A presidenta destacou que nesta gala, organizada desde a Deputación coa colaboración de Mudega (Asociación Mulleres Deportistas Galegas), premiarase ás mellores deportistas galegas do ano 2016 co obxectivo de visibilizar o papel das mulleres en todos os ámbitos da vida pública.
Relacionadas:
-
Pontevedra acollerá a gala de entrega dos V Premios ao Deporte Feminino de Galicia
Por Redacción |
-
A Deputación destinará este ano 100.000 euros a asociacións que loitan contra a violencia de xénero
Por Redacción |
-
A Deputación rende homenaxe ás mulleres vítimas do alzamento fascista de 1936
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
VIDEO.- Compromiso dos Festivais Rías Baixas coa igualdade e a sustentabilidade
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |