Conclúen antes do prazo previsto as obras na rúa Pitanxo
Por Oskar Viéitez
O Concello de Marín está a instalar a rede de recollida de augas pluviais na rúa Pitanxo, concretamente desde a intersección coa rúa Estivada ata a rede existente, atendendo a unha demanda moi solicitada polos veciños da zona.
Ata agora a rúa Pitanxo non dispoñía de rede de recollida de augas pluviais en toda a súa lonxitude, o que provocaba as augas da choiva discorresen, en certos tramos, pola superficie do viario. A rúa só conta con canalizacións de saneamento de augas residuais e de abastecemento (baixada do depósito e rede de distribución).
Durante a execución destas obras levantouse o pavimento existente para abrir gabias e pozos e instalar as tubaxes de PVC de 400.
O prazo de execución das obras previsto era dun mes pero conseguíronse finalizar en tres semanas, mantendo en servizo as canalizacións existentes e a circulación dos residentes.
O orzamento da obra ascendeu a 15.000 euros e estao realizando a empresa E.C. Casas.