Sufocan un incendio nunha máquina dedicada á limpeza de leiras
Por Redacción
Ás 11:30 horas deste xoves produciuse un incendio fortuíto dunha máquina retroescavadora que estaba a efectuar labores de roza en Vilalonga.
A Patrulla Fiscal e de Fronteiras de Vilagarcía aproximouse ao lume e utilizaron o seu extintor ademais de avisar ao 112 que participou nos labores de extincion con dúas dotacións de bombeiros.
A máquina quedou moi afectada polo lume.
Non se rexistraron desgrazas persoais.