Este xoves retornan as precipitacións e comeza unha baixada de temperaturas
Por Redacción
As Rías Baixas continúan nun período de transición. As altas presións retíranse cara ao sur e deixan un réxime de vientes do suroeste e oeste, segundo as previsións do servizo de Meteogalicia. Con esta situación rexístranse máis nubes cara ao oeste.
Durante a noite do mércores ao xoves espérase a chegada dunha fronte que deixará os ceos novamente cubertos con choivas. As temperaturas iniciarán un lixeiro ascenso situándose entre os 18 e os 24 graos. Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste.
Durante o xoves 14, unha fronte fría cruzará Galicia a primeiras horas deixando choivas ao seu paso. Esta fronte traerá unha masa de aire frío que irá entrando desde o norte cara ao sur. Os ceos manteranse nubrados con chuvascos durante toda a mañá para deixar unha alternancia de nubes e claros durante a tarde. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios pero as máximas sufrirán un moderado ascenso. O vento soprará de compoñente norte, frouxo no interior e moderado no litoral.
Durante o venres manterase esta inestabilidade atmosfér9ica. Os ceos alternarán entre nubes e claros. As temperaturas sufrirán un descenso situándose entre os 10 e os 20 graos, con ventos que soprarán do noroeste, moderados na costa e máis frouxos no interior.
Durante a fin de semana, as Rías Baixas permanecerán con ventos de compoñente norte e con ceos con nubes e claros á espera da chegada do anticiclón previsto a partir do luns da próxima semana.