Marea Pontevedra critica que se manteña pechado o parque infantil da praza dos Praceres
Por Redacción
A situación do parque infantil situado na praza dos Praceres motivou as críticas de Marea Pontevedra.
Esta instalación permaneceu valada todo o verán, impedindo o seu uso aos nenos da parroquia e "parece que o inverno non vai ser tampouco a mellor época para que a rapazada poidan gozar do tempo libre", sinala a formación política nun comunicado.
Para Marea Pontevedra Lourizán é "unha das parroquias máis castigadas polas políticas do goberno municipal".
Esto débese, aseguran a que entre outras cousas os nenos e adolescentes deben cruzar "unha vía de tren ilegal" para chegar á zona do colexio e poder xogar ao aire libre.