O programa de detección de cancro de mama arranca o martes en Sanxenxo
Por Redacción
O Programa Galego de Detección Precoz de Cancro de Mama iniciará o día 19 de setembro a campaña para as veciñas de Sanxenxo con programación de realización de mamografías de cribado gratuítas cada dous anos ás mulleres de idades entre 50 e 69 anos
Unha vez realizada a mamografía e revisadas por especialistas, envíase o resultado por carta aos seus domicilios. No caso de que sexa necesario facer máis probas para chegar a un diagnóstico, adxudicaráselles unha consulta especializada. Desde o programa tamén se facilita o transporte aquelas mulleres que non teñan posibilidade de desprazarse ata o centro de saúde no que se realizan as probas.
A través deste programa preténdese a detección desta enfermidade en estadios iniciais, que, por tanto, aumenta a probabilidade de facer un tratamento menos agresivo e con mellores resultados.
Este programa inicia a súa campaña en Sanxenxo o día 19 de setiembre e as mamografías serán na Unidade Fixa de Exploración do Centro de Saúde da Parda, en Pontevedra. E, aínda que se lles comunica o día, hora e lugar ao que teñen que acudir, se algunha muller entre os 50 e os 69 anos non recibiron esta carta por algún motivo, poden chamar ao teléfono 981141414 para concertar a cita.
En Sanxenxo o índice de participación do ano 2016 foi dun 93.33%, cifra espérase que incremente ano tras ano ata chegar ao 100% de asistencia.