A invasora herba da Pampa espállase polos terreos arredor da avenida 12 de novembro
Por Redacción
Os solares situados nos arredores da avenida 12 de novembro mostran durante os últimos días unha imaxe salvaxe. A maleza foi crecendo ao longo das últimas semanas coa presenza de helechos e, sobre todo, coa expansión das herbas da Pampa, unha especie invasora que florece no verán e que nesta zona creceu e quedou espallada por todos estes terreos situados nas proximidades á rúa Eduardo Pondal e ao parque Amalia Álvarez.
A herba de Pampa, coñecida tamén como plumón ou plumeiro, propágase con facilidade debido aos milleiros de sementes que xera cada planta feminina. A humidade e a calor favorece a súa expansión e ademais é unha especie resistente, que ofrece unha especial facilidade para adaptarse ás climatoloxías e agora expándese sen problemas nunha zona céntrica de Pontevedra.
Toda esta vexetación comeza a invadir as beirarrúas desa contorna que conta con diversos terreos edificables particulares, que son utilizados habitualmente por propietarios de cans para que paseen e que agora mesmos se atopan con dificultades para transitar por eles.
A herba de Pampa tamén se asentou na pasarela do 12 de novembro que continúa valada, despois de que o goberno local descartara a instalación alí do proxecto de skatepark.
A Xunta anunciou en xullo o inicio dunha campaña para erradicar ás especies exóticas invasoras.
Relacionadas:
-
Encargan o proxecto para acondicionar a nova pasarela de 12 de Novembro
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta porá en marcha unha campaña de loita contra o plumacho da Pampa e a unlla de gato
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE insta ao Concello a tomar medidas contra a "herba da Pampa"
Por Redacción |
-
Vaipolorío comeza a guerra contra os "Plumachos" invasores
Por Redacción |